Este xoves comeza a “Hora lixeira” en Pontevedra
A Concellaría de Benestar Social Municipal pon en marcha este xoves, venres e sábado (28, 29 e 30 de novembro) A hora lixeira, unha actividade que pretende concienciar aos mozos da cidade sobre o uso/abuso do alcol. Nesta actividade, os bares que participan terán unha hora na que non venderán bebidas alcólicas, e farán degustacións e catas de cervexas e cócteles sen alcol. Como actividades complementarias haberá unha degustación de comida vexetariana e de salchichas alemanas feitas en Galicia, ademais dunha charla sobre a elaboración das cervexas.
Esta actividade está incluída dentro do programa “Servizo responsable” que organiza o Concello de Pontevedra a través do Plan Municipal de Prevención de Condutas Adictivas, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias e o Ministerio de Sanidade,
Servizos Sociais e Igualdade.
Este programa tivo unha primeira actividade que consistiu nunha primeira charla para mellorar a cualificación profesional e o fomento do
compromiso social dos empresarios e traballadores do sector hostaleiro promocionando un ocio responsable e de calidade.











