Espello Cóncavo representará no Edificio Multiusos de Monforte a obra “Anxeliños”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMonforte de Lemos
A-
A+

Este mércores continúa a programación teatral do outono en Monforte coa actuación da compañía Espello Cóncavo representando unha obra de Roberto Vidal Bolaño.

Trátase de “Anxeliños”, unha creación de Vidal Bolaño na que os peculiares personaxes traballan nunha axencia, case familiar, dedicada ó cobro de morosos. O negocio marcha moi mal e as débedas amoréanse. Neste panorama emerxe a figura do  irmán do propietario da axencia, un gangster retornado dos Estados Unidos, que lles ofrece os seus servizos para reflotar o negocio.

A dirección da montaxe corre a cargo de Arturo López, mentres que Fernando Morán, Rodrigo Roel, Isabel Risco, Estíbaliz Veiga e Manu Fernández, son os actores encargados de dar vida a uns delirantes personaxes.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros. O prezo da entrada para estudantes, parados e xubilados será de tres euros. 

A representación, que se levará a cabo este mércores día 6 de novembro ás 20:15 h. no Edificio Multiusos, está patrocinada pola Deputación Provincial de Lugo e organizada pola concellería de Educación e Cultura do concello de Monforte.

4 de novembro de 2013 | 10:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.