publicidade hoxe

Entrega de diplomas do proxecto “Mañás activas de verán 2013”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Este proxecto, subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, contou coa participación de 32 xóvenes do Concello de entre 10 e 16 anos, e tamén coa participación de 5 voluntarias, encargadas de colaborar no deseño e elaboración do díptico informativo, da realización do informe final e memoria do proxecto, así como de apoiar aos nenos/as participantes para que se beneficiaran o máximo posible das actividades, prestando especial atención aos menores con dificultades.

No proxecto, que se desenvolveu durante os meses de xullo e agosto, realizáronse distintas actividades (INFORMÁTICA E FOTOGRAFÍA, MNEMOTECNIA, BAILE DEPORTIVO, RECICLAXE, MANUALIDADES E SENDERISMO), ofertando diferentes formas de ocupar o tempo de lecer.

A entrega de diplomas e agasallos realizouse este pasado sábado  2 de novembro, nun acto presidido polo alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira Ana Abad e pola responsable de voluntariado María José Alonso. As 5 voluntarias colaboradoras  foron: Inés Alonso, Paula Campo, Nerea Fernández, Raquel González e Xiana Otero.

4 de novembro de 2013 | 14:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.