Entradas para o partido internacional da Recopa Europea
A partir do día 13 mércores, nas oficinas do Club (Pavillón da Sangriña), estarán a disposición do público en xeral os aboamentos para asistir ao encontro que se celebrará o próximo domingo ás 1700 horas (cinco da tarde), correspondente ao partido de volta da eliminatoria da Recopa de Europa, entre o:
MECALIA ATL. GUARDÉS – ZVEZDA ZVENIGOROD (RUSIA).
O billete do aboamento será unha edición especial, feito coa idea de que poida ser conservado como recordo.
O horario de despacho anticipado será:
De mércores 13 a venres 15, de 1930 a 2130.
Sábado 16 de 1100 a 1330 e de 1930 a 2130
Domingo 17 de 1100 a 1330.
Domingo 17 a partir das 1530 en despacho ata final de existencias.
PREZOS. –
PÚBLICO EN XERAL: 15€
SOCIOS (HAI QUE PRESENTAR O CARNÉ): 8€
MENORES ENTRE 10 E 16 ANOS: 5€
Para a retirada de aboamentos de socios é preciso presentar o carné de Socio, no que se tradeará o último partido (n.º 22) e soamente se facilitará un aboamento por carné.











