publicidade hoxe

Entidades que forman parte de COGAMI compiten a través do baloncesto en Outes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOutes
A-
A+

O mércores, 20 de novembro, ás 11:00 horas no polideportivo do concello de Outes, van dar comezo as XIII Xornadas deportivas que organiza a Asociación de Persoas con Discapacidade da bisbarra de Muros (Adisbismur).

Esta xuntanza deportiva vai unir a través da competición do baloncesto a seis entidades que forman parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Ademais da anfitrioa Adisbismur, tamén van participar a Asociación Ámbar de persoas con diversidade funcional de Ribeira, a Asociación Avante de persoas con discapacidade de Val do Dubra, a Asociación Amarai de persoas con discapacidade da comarca de Arzúa e Terra de Melide, a Asociación A Misela de Noia e a Asociación de Persoas con Diversidade Funcional de Bergantiños, Soneira e Fisterra Íntegro.

Preto de 185 persoas, todas elas con discapacidade física e/ou intelectual, van competir entre si por entidades. Todas van ser premiadas e ás 14:00 horas compartirán un xantar no restaurante O Peto no Cruceiro de Roo, en Outes.

Con este tipo de xornadas o que se pretende é xuntar a varias entidades sociais para poder pasar un día de convivencia e tamén para potenciar o deporte entre as persoas con discapacidade. Inténtase que sexa unha convivencia máis que unha competición, aínda que todas as persoas participantes o que queren é gañar.

19 de novembro de 2013 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.