En decembro celebraranse dous seminarios técnicos na aula Cemit de Monforte
A concellería de Promoción Económica e Emprego informa que no mes de decembro se celebrarán dous seminarios técnicos, organizados polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), que poderán seguirse a través de video conferencia na aula Cemit de Monforte.
O día 10 de decembro (martes), celebrarase un seminario sobre a aplicación da normativa de protección de datos en entornos Microsoft (entornos colaborativos como share point, bb.dd., sistemas etc…). Será impartido por Genis Margarit, docente que se ocupa da formación sobre Windows Server no CNTG. Profesional con gran capacidade de transmitir a nivel metodolóxico e con amplos coñecementos técnicos.
O día 17 de decembro (martes) terá lugar unha presentación técnica da nova versión de bb.dd. Oracle. Trátase da versión 12c que vai substituir á 12g. A filosofía de xestión cambia totalmente xa que está versión está baseada na nube.
Ambos seminarios serán de tarde, de 16:30 a 20:30 horas, na aula Cemit situada no Edificio Multiusos de Monforte.
As persoas interesadas en participar nalgún destes seminarios deberán anotarse na oficina da axente de desenvolvemento local, situada nas Casiñas da Compañía, ou chamar ó teléfono 982- 88-47-75.
O CNTG emite certificados de asistencia a estes seminarios.











