Dous voluntarios europeos da OMIX imparten os novos cursos de inglés en Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiñoXuventude
A-
A+

O Concello de Tomiño vén de por en marcha novos cursiños de Inglés para nenos, mozos e adultos, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), impartidos polos dous novos voluntarios europeos, chegados no mes de xullo e agosto de Romanía e Grecia.

Trátase de Alina Sandra Silvi (Romanía) que veu a Tomiño atraída polos proxectos de traballo con nenos, e de Joanis Prenga (Grecia), experto en artes visuais e teatro. Ambos os dous universitarios, forman parte do Servizo de Voluntariado Europeo; programa a través do cal xa realizaron outra estancia anual voluntarias de Polonia e Estonia, no curso pasado.

Nas clases de inglés, que se imparten na sede da OMIX (Campo da Feira s/n), hai dous grupos diferentes: un para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos (luns, de 16.00 a 17.30 hs.), e outro para adolescentes e adultos, a partir de 13 anos, (mércores, de 11.30 a 13.30 hs.).

Ambos cursos son de balde e nivel básico (sen coñecemento previo da lingua), e teñen unha duración de 30 horas.

A alcaldesa Sandra González, considera estas actividades moi necesarias para a formación de nenos e adultos que non teñen posibilidade de asistir a clases particulares de inglés, unha lingua cada vez máis demandada en todos os ámbitos, colaborando ao mesmo tempo, na dinamización da vida cultural e social, non so dos veciños do casco urbano senón tamén das parroquias.

6 de novembro de 2013 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.