Dezasete parados comezan a traballar no concello de Vilagarcía co Plan Provincial de Fomento do Emprego
O Concello de Vilagarcía incorporou esta mañá no seu plantel a 17 traballadores contratados a través do Plan Provincial para o Fomento do Emprego, unha das diversas liñas nas que participa a Concellería de Traballo e Benestar para loitar contra o paro. Os operarios traballarán durante 6 meses en diferentes servizos municipais cunha xornada laboral de 25 horas semanais.
O departamento de Obras recibirá a 8 dos novos contratados, mentres que 7 serán destinados ós servizos de Xardíns e Medio Ambiente. Os dous restantes irán para o Servizo Municipal de Emerxencias e para Fexdega.
A incorporación destas persoas chega xusto cando acaban de concluír os contratos do primeiro Plan Provincial para a Promoción do Emprego da Deputación que permitiu ao Concello contar nos últimos meses con 12 traballadores para reforzar varios servizos municipais.











