Deteñen a un motorista en Narón por circular en moto a 188 km/h nun tramo limitado a 90

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarónSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Guardia Civil de Tráfico detiveron o mércores en Ferrol un veciño da cidade por circular nunha moto a 188 quilómetros por hora nun tramo da autoestrada AP-9 limitado a 90.

Segundo informou o Instituto Armado, o individuo foi detido como presunto autor dun delito contra a seguridade vial polos citados feitos.

O home, de 55 anos de idade, circulaba nunha moto BMW a 188 quilómetros por hora nun tramo da AP-9, á altura do termo de Narón, que está limitado a 90.

Tras ser sorprendido polo radar, ao home comunicóuselle a súa imputación e os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Número 3 de Ferrol.

28 de novembro de 2013 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.