Detida por realizar furtos cun bolso forrado de papel de aluminio na coruñesa rúa Panaderas
Ás 15:10 horas do día 5, unha dotación policial, na rúa Panaderas, cando estaba a realizar os labores propios de prevención á seguridade cidadá, procedeu á identificación dunha persoa de 39 anos, ao coincidir a súa descrición coa facilitada no concernente a uns furtos acaecidos ultimamente na zona centro. Ao realizalo un cacheo superficial comprobouse que portaba no interior dunha bolsa forrada de papel de aluminio diversas pezas de roupa e uns botíns dos cales ao preguntar pola súa procedencia recoñece de forma espontánea ante os axentes que os subtraeu dunha tenda da rúa Real e doutra da rúa Torreiro, con intención de posteriormente vendelas. Ademais das pezas de roupa interceptóuselle uns alicates utilizados para arrancar e cortar as alarmas das pezas, así como un bolso e a bolsa forrada de aluminio preparada presumiblemente para que non soe a alarma ao saír dos establecementos.
Posteriormente, os axentes compareceron nos establecementos comerciais para verificar a propiedade das pezas intervidas, recoñecendo as encargadas de ambos os dous locais estas como da súa propiedade, así como ver no día de onte a autora dos feitos, manifestando que é unha habitual das tendas. Tras proceder á identificación destas dúas responsables e tras informalo dos pasos a seguir, ambas as dúas manifestaron a súa intención de comparecer nas dependencias policiais para presentar a correspondente denuncia. Déixase constancia dos feitos a través da correspondente dilixencia.











