Degustación gratuíta de castañas para celebrar o Magosto en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

Veciños e veciñas teñen este venres unha cita nos xardíns da Casa das Palmeiras a partires das oito e media do serán, xa que a esa hora dará comezo o I Magosto Popular. Organizado por diferentes establecementos hosteleiros da real vila, conta coa colaboración do Concello, que cede o espazo para a celebración e axuda nas tarefas de difusión do evento a través do seu portal web e redes sociais.

Será unha noite na que non faltarán as tradicionais castañas asadas, que os asis-tentes poderán degustar de forma completamente gratuíta, ao igual que bolos preñados (ata rematar existencias). E, todo isto, amenizado coa mellor música para potenciar o ambiente festivo.

O Magosto conta coa colaboración dos seguintes establecementos hosteleiros (Café bar Oriental, O Lagar, A Pía, Bar Neda, Café Bar Jupe, Mesón O Fumazo, Bar El Cubano e Bar Chámalle como queiras). A todos eles súmase Ramón Lugilde, tamén coñecido como “O Castañeiro de Neda”.

4 de novembro de 2013 | 15:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.