Deberán desocuparse os aparcamentos de Celso Emilio Ferreiro, Arcebispo Xelmírez e Santa Eulalia
Os aparcamentos das rúas Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Santa Eulalia, Arcebispo Xelmírez e a súa travesía, deberán estar desocupados o mércores pola mañá para permitir os traballos que levará a cabo o Concello na terceira fase da campaña intensiva de limpeza de rúas. Pídese a máxima colaboración de veciños e condutores para o normal desenvolvemento das tarefas que teñen como obxectivo mellorar a imaxe da cidade.
A maquinaria de Cespa traballará o mércores entre as 7 e as 10 horas da mañá nas rúas Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro e Santa Eulalia e, entre as 10 e as 13 horas, acometerán a limpeza de Arcebispo Xelmírez e a súa travesía. Os estacionamentos nas mencionadas rúas poderán volverse a utilizan a medida que se vaia rematando a limpeza en cada unha delas.
Nas xornadas do luns e o martes, os operarios do Concello actuarán a modo de avanzadilla limpando tragantes e desatascando arquetas a man e, cando sexa necesario, utilizando o camións aspirador. Posteriormente intervirá o persoal e medios de Cespa que utilizarán máquinas varredoras, de baldeo, de lavado de contedores de lixo e desbrozadoras manuais.











