“De esmagar descalza” é a obra premiada no II Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMondoñedo
A-
A+

Carmen Pereira Pérez veciña de Cartelle (Ourense), recibirá este sábado o premio como gañadora da II edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, Premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo. O traballo presentado pola gañadora que obterá un premio de 1500 €, praca e diploma, ten por título “De esmagar descalza”.

O segundo premio, dotado con 600 €, praca e diploma, recaeu na obra titulada “Nas dársenas de estio” da que é autor, Paulino Peña Álvarez de Ourense.

Jacobo Llamas Martínez, acadou o 3º premio, dotado con 300 €, praca e diploma, coa obra “Fame nas Vértebras”. Jacobo Lamas é de Lugo.

6 de novembro de 2013 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.