Curso de carretilleiro no Grove
O Concello do Grove anuncia a programación dun curso de carretilleiro/a para os días 26,27 e 28 de novembro nas instalacións do Monte das Flores.
A través deste curso, as persoas que o realicen recibirán o diploma acreditativo para facilitar o manexo da dita maquinaria nas empresas que así o soliciten.
Trátase de achegar a formación que mellore as posibilidades de incorporación ao mercado laboral, co menor custo para o alumnado participante, que neste caso será de 50 €.
O curso terá unha duración de 15 horas, en horario de 9,00-15,00 horas.











