publicidade hoxe

Curso de autodefensa para mulleres en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

O club Kenpo Rianxo ,en colaboración co concello de Rianxo e Compostela kenpo, organiza un curso de autodefensa para mulleres.

O curso é gratuíto vaise a desenvolver o vindeiro sábado 23 de Novembro no pavillón Municipal de Rianxo desde as 11:30 h ata as 13:30 h. Será impartido por Eloi Rodríguez Castaño, CN SHODAN FU SHI KENPO.

O curso vai destinado a mulleres de 16 anos en diante e a data límite para inscribirse é o 20 de novembro. Para levalo a cabo é necesario que se inscriban un mínimo de 8 mulleres.

Información e inscrición nas oficinas do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo.

12 de novembro de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.