Cultgura expoñerá as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a entidades culturais
A páxina web do concello do Carballiño publicarñá este xoves as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a entidades e programas culturais, que se aprobou en comisión esta mesma semana. Estas bases son un borrador que non entrarán en vigor ata a súa publicación no BOP.
Tal e como recollen as bases poderán optar a estas subvencións os particulares, as asociacións e institucións culturais legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, con domicilio social no Carballiño e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, polo menos cunha antigüidade de seis meses. Así mesmo, poderán optar tamén as entidades que, non inscritas no mencionado Rexistro, si o proxecto ao cal se destina a solicitude de subvención se desenrola no Carballiño na súa totalidade e sexan de interese municipal.
Quedan excluídas aquelas agrupacións que obteñan ingresos en concepto de cota dos seus asociados superior a 80 € anuais. Entendendo dende a área de Cultura que se debe apoiar a eses colectivos que non reciben ingresos elevados por parte dos seus socios, xa que o resto poden afrontar actividades grazas ás achegas dos seus membros asociados.
O importe total asignado no presuposto municipal que destina a esta finalidade ascende a 8.910 euros, aos que se deben sumar os 4.500 euros que xa outorgou a área de Cultura á compañía de teatro afeccionado Tiruleque para organizar o festival de teatro amador, máis os 6.000 euros adiantados para manter os premios Antón Losada. Con todo iso o investimento de Cultura para as asociacións culturais para este exercicio supera a do pasado ano, que foi de 16.000 euros, cun total de 19.410 euros.
Dende a área de Cultura quérese apoiar o máximo de iniciativas e actividades que se organicen por parte dos grupos culturais, e desta forma dinamizar a vida cultural e de ocio na vila carballiñesa.











