Culleredo levará a pleno uns presupostos de 19,4 millóns, un 2,5% máis que no presente exercicio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal Portada
A-
A+

O novo goberno de Culleredo, tras 6 meses de funcionamento, puxo o seu máximo empeño por acelerar a elaboración dos presupostos e poder así levalos a pleno con marxe abondo para que entren en vigor co novo ano. En este sentido, a aposta por mellorar a coordinación entre as áreas permitiu confeccionar as contas sobre a base das principais necesidades dos veciños.

O Concello de Culleredo ultima os presupostos para o exercicio 2014, que serán sometidos a votación no pleno ordinario correspondente ao presente mes de novembro. O equipo de goberno avanza que as contas conterán un importante crecemento, rompendo a tendencia á baixa que se viña producindo dende o ano 2011.

Os presupostos de 2014 superarán a cifra de 19,4 millóns de euros. Isto supoñerá un incremento dun 2,5% respecto os de 2013, é dicir, preto de medio millón de euros máis. Este crecemento vén orixinado por un importante incremento nos ingresos, o que a súa vez posibilita o aumento nos gastos. Principalmente son tres as fontes de ingresos que aumenten de forma sensible:

– Maior recadación no IBI e no imposto de actividades económicas

– Maior recadación por taxas e prezos públicos. Aínda cando o goberno municipal as conxelado para 2014, sobre a base das cifras de 2013, detectouse un importante aumento de participación veciñal de distintos programas, o que leva consigo un incremento na recadación por este concepto

– Las transferencias de capital: aumentan as do Estado e as da Deputación.

Esta suba nos ingresos traducirase no apartado de gastos no crecemento de diferentes capítulos e programas. O que máis crece será o de investimentos, que pasará de 1,4 millóns en 2013 a preto de 1,85 en 2014. É dicir, un crecemento dun 30%. Ademais, o equipo de goberno aposta tamén por aumentar as partidas destinadas á amortización de créditos. Xa ao longo deste ano se logrou incrementar esta contía destinando 1,1 millóns do superávit obtido en 2012.

Esa decisión ademais leva consigo agora un importante aforro nos gastos financeiros, que descenderán un 35% con respecto a 2013, situándose en torno aos 295.000 euros.

O outro capítulo que o Concello conseguirá baixar é o de persoal. O descenso será do 3%, conseguido grazas ao esforzo de non cubrir as prazas das xubilacións que se han producido.

Estas son as liñas xerais duns presupostos que, para o goberno municipal, “demostran un crecemento económico logrado sobre a base do aforro, mantendo sempre todos os servizos de calidade para os cidadáns de Culleredo”.

16 de novembro de 2013 | 20:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.