publicidade hoxe

Culleredo fórmase na compra pública ética

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo busca introducir o concepto de ética nos seus investimentos. Políticos e técnicos do Concello recibirán mañá, xoves 7 de novembro, unha formación encamiñada a que a actividade económica dende a propia administración garanta a responsabilidade.

Trátase dunha acción enmarcada no fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte e co que colabora habitualmente o Concello. O “Taller de compra pública responsable e ética (da teoría á práctica) ” terá lugar a partir das 10.00 horas no Pazo de Vila Melania e estará impartido pola ONG especializada Amarante Setem. O Concello de Culleredo, dende a súa Concellaría de Promoción Económica e Formación e dende a Concellaría de Sanidade, comparte o obxectivo do Fondo de camiñar cara a modelos de consumo que teñan en conta determinados niveis de ética que primen criterios sociais e ambientais.

O goberno local aposta por que se garantan os dereitos dos traballadores, así como a preservación do medio, entre outros. Ademais, o Concello pretende a promoción de estes modelos, razóns polas que se apostou por esta actividade de forma conxunta co Fondo Galego de Cooperación.

6 de novembro de 2013 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.