publicidade hoxe

Culleredo celebra en Vilaboa a súa VIII Mostra de Corais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo celebra mañá, sábado 9 de novembro, a tradicional Mostra de Corais, que reúne cada ano a agrupacións procedentes de diferentes partes de Galicia. O certame alcanza mañá a súa edición VIII.

Nesta ocasión, as corais que actuarán serán as seguintes:
· Coral polifónica “A salle”, procedente de Santiago
· Coral polifónica “Casino Progreso de Franza”, de Mugardos
· Coral de Mulleres de Vilaboa (Culleredo)

A mostra desenvolverase dende as 20.00 horas na igrexa parroquial de Vilaboa. A organización corre a cargo do Concello xunto á coral de Vilaboa. O goberno local destaca a calidade das voces das corais e anima os veciños a gozar desta modalidade cultural mañá en Vilaboa.

8 de novembro de 2013 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.