publicidade hoxe

Cruz Roja organiza para maiores de 55 anos un taller de Internet e redes sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

Dentro das actividades formativas planificadas polo Concello para este mes de novembro destaca  este taller de internet e redes sociais organizado por Cruz Roja Española no que colaboran tanto o Concello de A Cañiza como a Fundación Vodafone España e que se impartirá na Aula de Telecomunicacións CEMIT da Casa de Cultura.

Trátase dun taller formativo de 10 horas de duración repartidas en dúas sesións: do 8 ao 9 de novembro. O venres o horario será de 16h00 a 21h00 e o día 9, sábado, as clases impartiranse en horario matinal de 09h00 a 14h00.

Trátase dun novo curso formativo de informática dirixido, nesta ocasión, ás persoas maiores de 55 anos.

7 de novembro de 2013 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.