Cotobade coloca biondas de protección na vía cara o cemiterio
O Concello de Cotobade vén de realizar a instalación de barreiras de protección na via municipal do cemiterio de S. Xurxo de Sacos coa colocación de 80 metros lineas de biondas así coma a colocación de 28 metros de barreiras de protección nun camiño de acceso ao lugar de Fentáns na mesma parroquia.
Estás obras veñen culminar as peticións que o alcalde Jorge Cubela viña recibindo por parte dos veciños desta parroquia que solicitaban aumentar a seguridade vial nestes dous puntos tanto para a circulación de vehículos coma da peóns.











