Cortes de tráfico polas obras na Terceira Rolda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Tráfico e Mobilidade, que dirixe Begoña Freire, informa de que, con motivo das obras de construción da Terceira Rolda, o próximo sábado, 23 de novembro, dende as 23.35 horas ata o domingo 24 ás 17.00 horas, será necesario o corte da glorieta de Pocomaco, manténdose todos os movementos de tráfico (desvío por camiño auxiliar con sinais de obra) agás o acceso ao polígono.

O acceso ao polígono realizarase pola CP-512, Mesoiro, e 6ª avenida (á altura da cervexaría Sampaio).

Así mesmo, produciranse dous cortes totais (progresivos) cunha duración estimada de entre 5 e 10 minutos para o posicionamento de vigas. O primeiro corte total será o sábado entre as 23.35 e as 23.45 horas e o segundo corte, entre as 03.00 e as 04.00 do domingo.

21 de novembro de 2013 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.