Corte de tráfico na rúa Quiroga Palacios de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O vindeiro domingo 24 de novembro dende as 7:00 horas a rúa Quiroga Palacios sufrirá restricións circulatorias á altura do número 13 por mor da ocupación da vía pública cun guindastre.

Os usarios que accedan á rúa Quiroga Palacios serán desviados á altura da rúa Bispo Teodomiro pola rúa Batalla de Clavijo para saír novamente á rúa Quiroga Palacios no tramo posterior á zona de actuación. Os usuarios dos garaxes serán debidamente orientados polo persoal da empresa para entrar e saír dos inmobles. 

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

22 de novembro de 2013 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.