Cores Tourís visita na Cañiza as obras de acondicionamento do mercado vello do Cacharado

Cores Tourís na visita ao mercado vello
O Delegado Territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá acompañado do Alcalde de A Cañiza Miguel Domínguez as obras de acondicionamento e humanización do antiguo mercado da Carballeira do Cacharado subvencionadas pola Consellería de Economía e Industria.
Estas obras estaban presupuestadas inicialmente en 33.211,29 €uros, dos cales foron subvencionados o 75%, pero o Concello asumiu con cargo aos fondos municipais unha ampliación da obra para que esta zona quedara xa totalmente acondicionada.
As obras que están a piques de rematar, consistiron en retirada de escombros, nivelación de terreo e reposición de pavimentación con pedra do país. Posteriormente os alumnos – operarios do módulo de forestal e xardineria do Obradoiro de Emprego, tamén financiado pola Consellería de Benestar e Traballo da Xunta, acometerán as correspondentes actuacións de embellecemento deste espazo.