Copa do Rei e Liga para unha nova semana frenética do Azkar Lugo
O Azkar Lugo iniciará mañá martes unha semana frenética de partidos oficiais. Os lucenses mídense mañá (20:30 horas – Pavillón Las Crucitas – horario insular) ao Profiltek Agüimes, equipo da 2ª división B canaria, e farao dentro da eliminatoria a partido único dos dezaseisavos da Copa do Rei de fútbol sala.
Os galegos parten mañá á primeira hora da mañá cara ás illas, tras o partido e facer noite en Gran Canaria, o mércores á primeira hora regresarán á capital lucense. Nada máis chegar á cidade, ás 19:00 horas adestrarase para comezar a preparar o choque de liga da 10ª xornada en 1ª división que lle enfrontará este sábado (18:30 horas – Pavillón Ciudad de Tudela) ao Ríos Renovables Ribeira Navarra.
Convocatoria para Copa do Rei:
Azkar Lugo: Óscar Iglesias, Cospe, Jandri, Antonio Diz, Aranburu, Chano, Mendiola, Iago Rodríguez, Adrián G. e Zala.
Así se desenvolverá a semana:
Luns 4:
Descanso.
Martes 5:
09:45 horas: saída cara a Gran Canaria (Centro Deportivo Terra).
20:30 horas (horario insular): Profiltek Agüimes – Azkar Lugo FS (Pavillón Las Crucitas).
Mércores 5:
10:00 horas: saída cara a Lugo (Aeroporto Gran Canaria).
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
Xoves 6:
19:30 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
Venres 7:
10:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
13:45 horas: saída cara a Tudela (Centro Deportivo Terra).
Sábado 8:
Horario por confirmar: sesión técnico-táctica (Pavillón Ciudad de Tudela).
18:30 horas: 10ª xornada de liga: Ríos Renovables Ribera Navarra – Azkar Lugo FS (Pavillón Ciudad de Tudela).
Domingo 9:
Descanso.











