Convocatoria do 7º Concurso de carteis Entroido 2014-Verín: “Desfile Infantil”
Coa finalidade de publicitar as festas do Entroido en consonancia co seu espírito, participativo e popular, a Delegación Municipal de Festexos do Concello de Verín promove un concurso para seleccionar o cartel oficial do “Desfile Infantil”.
As bases para participar en devandito concurso son as seguintes:
1º.- Poderán concorrer os/as alumnos/as de infantil e primaria dos colexios participantes no ‘Desfile Infantil’. Cada un deles estará representado ata un máximo de tres traballos, orixinais, inéditos e non premiados en ningún concurso anterior.
2º.-Os traballos presentados terán como única identificación un lema. O incumprimento desta norma será motivo de descualificación. O lema presentarase escrito no exterior dun sobre pechado. No interior do sobre xuntarase un escrito no que figure o nome do autor e do colexio ó que representa. Os sobres abriranse despois da decisión do Xurado. Os /As participantes asumen a responsabilidade derivada de plaxio ou de calquera outra transgresión da lexislación vixente sobre dereitos de autor na que poidan incorrer cos traballos que presenten.
3º.- O formato a utilizar será un folio A3 (42 x 29,7 cm.) ou unha cartolina en tamaño similar. Presentarase a concurso sobre bastidor ríxido, en posición vertical, ou en formatos proporcionais. No caso de se presentaren deseños realizados en ordenador, xuntarase un CD co arquivo do cartel.
4º.- O cartel imprimirase en offset. O/A autor/a poderá indicar en Pantone as colores utilizadas. As obras levarán como único texto ENTROIDO 2014-VERÍN: “DESFILE INFANTIL”. A liberdade estética no tratamento do cartel quedaralle limitada ao/á autor/a pola temática, que deberá estar inspirada nas características do Entroido de Verín.
5º.- A data límite para a presentación dos traballos é o 13 de decembro de 2013. No caso de envíos por Correos ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas a partir das 14:00 h. dese día. As obras entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Verín, Praza do Concello, 1; 32600 Verín.
6º. – O xurado cualificador estará composto por un representante de cada colexio -elixido de xeito individual por cada centro- e por un membro designado polo Concello. Os representantes dos colexios escollerán tres carteis dos presentados -ao que se lles outorgarán tres, dos e un punto, respectivamente- e o representante municipal realizará o mesmo procedemento. O cartel que obteña o maior número de puntos será o gañador.
7º.- As decisións do Xurado serán inapelables e faranse públicas a través dos medios de comunicación. De estimalo necesario, o Xurado poderá propor melloras a algún dos traballos presentados para, de ser aceptadas polo/a autor/a, premialo; ou poderá propor que o concurso quede deserto. Todos/as os/as que concursen recibirán información por escrito dos acordos do Xurado.
8º.- O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e na entrega dun vale de 300 euros para material deportivo e escolar -a adquirir en establecementos do Concello de Verín-. A obra premiada será cedida en propiedade polo/ autor/a ao Concello de Verín, que posuirá, entre outros, os dereitos de reprodución, difusión e transmisión.
A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases. A interpretación ou modificación, no caso de precisala, das presentes Bases, é un dereito exclusivo do Concello de Verín.











