Continúan os traballos para evitar o problema das pombas na rúa Principal e Praza Maior do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Continúan os traballos e accións para evitar o problema das pombas en toda a rúa Principal e Praza Maior. Si fai uns meses o concello contrataba os servizos dun halcón para ahuyentar a estas aves, realizando voos periódicos polas zonas onde máis se detectan e molestan as pombas, agora deuse un paso máis, recollendo máis dun centenar destas da propia rúa Principal.

A recolleita tivo lugar este pasado sábado, por p arte dun colombófilo da zona, usando a técnica de redes, coa cal non sofren as aves, e permítese a súa captura de forma rápida e sinxela. En concreto capturáronse unhas 150 pombas, que serán realojadas nun palomar da comarca, propiedade do afeccionado á cativa deste tipo de aves.

Cabo recordar que a presenza de pombas na rúa Principal e Praza Maior, estaba espertando numerosas queixas por parte dos comercios de hostelería desa zona, xa que invadían as terrazas, subíndose ata ás mesas para obter alimento. Tamén nalgúns edificios da zona estábanse detectando xa desperfectos causados polas defecaciones destas aves.

23 de novembro de 2013 | 20:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.