Continúan a bo ritmo as obras de saneamento de Vilaverde, en Mourente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O concelleiro delegado da parroquia de Mourente, Miguel Filgueira, visitou esta mañá os traballos de saneamento que se están a executar no lugar de Vilaverde, na parroquia de Mourente, por un valor de 118.000 euros.

Os traballos desenvólvense a bo ritmo aínda que ten un prazo de execución de dous meses.

Esta obra permitirá completar o saneamento de Vilaverde que estaba parcialmente executado, pero tamén se aproveitará para solucionar un problema de pluviais ao canalizar as augas da chuvia e tamén para reurbanizar toda a contorna.

7 de novembro de 2013 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.