publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Contacontos de igualdade en Cerdido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

O concello de Cerdido pretende sensibilizar aos rapaces e rapazas do CEIP da Barqueira coa temática da igualdade de xénero. Aproveitando a conmemoración o próximo día 25 do día internacional contra a violencia de xénero, este venres 22 de novembro terá lugar no cole o contacontos “Contos vellos, novos finais”, donde a actividade terá unha marcada temática relacionada coa igualdade. Asistiran tódolos rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos matriculados no centro público, xa que a actividade está dirixida a infantil e primaria. Dun xeito lúdico, e sempre adaptado a idade dos rapaces, Caxoto contará varias historias e contos de sempre, pero cambiandolles os finais para que sexan máis igualitarios. 

21 de novembro de 2013 | 10:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.