publicidade hoxe

Conferencia na Cañiza sobre cómo afrontar a enfermidade do alzheimer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

A Cañiza celebrará a conferencia o día 3 de decembro, ás 18h00 na Casa Consistorial

Esta campaña nace coa intención de ofrecer información especializada sobre cuestións relacionadas con esta demencia. Na conferencia tratarase de explicar a importancia que ten o tratamento precoz para a evolución da enfermidade.

Actualmente na provincia de Pontevedra padecen este problema ao redor de 15.000 persoas e, cada ano, detéctanse entre 700 e 800 novos casos.

As charlas se impartirán en 42 concellos da provincia de Pontevedra por neurólogos e durarán unha hora.

O obxectivo é ofrecer información sobre os síntomas e sobre as dificultades ás que teñen que enfrontarse os familiares dos pacientes.

29 de novembro de 2013 | 11:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.