Concentración silenciosa en Cabanas en recordo de Elisa María Abruñedo
Cumpridos dous meses dende o asasinato da veciña de Cabanas, Elisa María Abruñedo, e cando a investigación sobre o acontecido inda non rematou, o Concello de Cabanas e a Asociación de Mulleres Cabanas Rural quixeron facer un acto en recordo do acontecido. No Pavillón de Lavandeira, ás 17:00 horas, tivo lugar unha concentración silenciosa á que acudiron cerca de cincocentas persoas. Tratouse dun acto no que se quixo mostrar o apoio á familia da falecida así como resaltar a necesidade de esclarecer os feitos acontecidos e non deixar que caian no olvido.
Antes da concentración silenciosa, por parte do Concello de Cabanas quixo lerse un pequeno manifesto por medio da súa concelleira Esperanza Gayoso Pereiro:
“O Concello de Cabanas, en representación de todas as persoas que conforman o noso municipio, ven a condear neste acto calquera tipo de violencia contra a muller. Todos e todas debemos prantarlle cara ás agresións que empobrecen a nosa sociedade; tolerancia cero ante cualquera comportamento violento.
A violencia constitúe unha lacra de carácter mundial. Un atentado contra os dereitos humáns e a dignidade das persoas, que impide a nosa sociedade continuar avanzando pola senda do benestar e do progreso social que desexamos.
Desde o Concello de Cabanas asumimos o noso compromiso persoal e institucional de loitar contra todo tipo de violencia e queremos deixar constancia do noso compromiso social con esta loita, que debe ser conxunta contra calquera acto que atente contra a integridade e dignidade da muller, e defender unha sociedade xusta e igualitaria.
Por iso recordamos hoxe aquí a nosa veciña Elisa María Abruñedo. Non queremos que caigan no olvido os terribles feitos sucedidos fai xa dous meses. Esperamos e desexamos que pronto a investigación sobre o acontecido dé os seus froitos. Desde aquí reiteramos unha vez máis o noso apoio á súa familia, que por tan duros momentos está pasando.”











