Concentración en Gondomar con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Manifesto contra a Violencia de Xénero en Gondomar
Ás 12.00 horas, diante do Concello, o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián deu lectura ao manifesto no que, en representación de todas as persoas que conforman o municipio, se condenou calquera tipo de violencia contra a muller.
O rexedor gondomareño recalcou que “para paliar as graves situacións que produce é necesaria a súa abordaxe dende unha perspectiva integral. Para iso son fundamentais as medidas de sensibilización para implicar a toda a sociedade na eliminación desta eiva social; os programas de prevención da violencia de xénero, prestando especial atención aos menores expostos a esta violencia; a coeducación para previr condutas discriminatorias en todos os tramos do ensino; a atención integral e a coordinación institucional, para evitar duplicidades e actuar con maior eficiencia”.











