Concello de Ribadumia e Deputación organizan en Barrantes un Baile coa orquestra D´Tacón
O Concello de Ribadumia e a Deputación de Pontevedra convidan ós veciños do municipio a un baile o próximo domingo 10 de novembro no Centro Social de Barrantes, a partir das 19:00 horas. O baile estará amenizado pola orquestra D´Tacón e a entrada é libre.
Con esta actividade pretendese recuperar por un día a vella costume da sesión de Baile dos domingos, aínda que está destinado principalmente a persoas maiores, desde o Concello de Ribadumia animan a tódolos adultos en xeral a participar nesta actividade festiva.











