Concello da Coruña e Club Rialto organizan a IV Carreira Popular San Silvestre o 31 de decembro
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, e o Club Rialto organizan a IV Carreira Popular San Silvestre, que se disputará o 31 de decembro polo paseo marítimo, con saída na avenida de Montoto e chegada na praza de María Pita. O número de corredores que poden participar ampliouse este ano até os 2.000, fronte aos 1.250atletas da anterior edición en 2012.
La Carrera Popular San Silvestre será unha nova oportunidade para potenciar a aposta do Goberno municipal polo deporte e os hábitos saudables, en especial entre os máis novos; por converter A Coruña nun referente a nivel galego e no noroeste de España; e por divulgar e promocionar a ciudada través deste acto de carácter festivo.
Neste sentido, a última proba do calendario de 2013completará un ano repleto de eventos deportivos no campo do atletismo na cidade, como Coruña10, Coruña21, elmaratón Coruña42 e Coruña Corre, unha ambiciosa iniciativacon seis probas en seis barrios da ciudady que no seu segundo ano aumentou a participación nun 120%. A actual edición de Coruña Corre empezouse a disputar o pasado mes de outubro en Vos Rosales e que terminará en Oza en agosto de 2014 -disputaranse o próximo ano as carreiras de Torre de Hércules, San Pedro de Visma, Ventorrillo e Oza-.
A IV San Silvestre consta de 7,7 quilómetros de percorrido. Con inicio na avenida de Montoto e final na praza de María Pita, os atletas percorrerán o paseo marítimo entre Porta Real e os arredores da Torre de Hércules e Adormideras. A proba se disputaráel 31 de decembro a partir das 17.00 horas e estableceranse, ademais da clasificación absoluta, outro seis categorías tanto en homes como mulleres:
- Senior 18-29 anos
- Veteranos A 30-40 anos
- Veteranos B 41-50 anos
- Veteranos C 51-60 anos
- Veteranos D 61 anos en diante
- Mellor disfrace Todas as idades
O Club Rialto e a Concellaría de Deportes, que entregarán trofeos ao tres primeiros clasificados de cada categoría e da proba absoluta, contarán durante a celebración da carreira co apoio de voluntarios de ambas as entidades, así como efectivos de Protección Civil, Policía Local e persoal sanitario.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través das páxinas web www.championchipnorte.com e www.sansilvestrecoruna.com,cun prezo de 12 euros por participante -10 euros si xa posúe o chip-. A retirada dos dorsais e os chips poderá realizarse no complexo municipal de San Diego (teléfono 981 13 92 55) durante os días 29 e 30 de decembro,de 10.00 a 13.30 horas. Tamén se poderán retirar o 30 de decembro en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas.
Debido ao aumento do número de prazas para participar nesta edición, os dorsais e chipsse recollerán no centro municipal de San Diego, en lugar de no Club Rialto, como ocorreu en edicións anteriores. Todos os participantes que adquiran o chip para esta carreira deberán devolvelo ao finalizar a proba. Ademais, durante a recollida de dorsais, os días 29 e 30 de decembro, todos os inscritos terán acceso gratuíto ás instalacións do complexo deportivo de San Diego.











