Con motivo do Día Internacional da Diabete, a casa consistorial de Oleiros e o castelo de Santa Cruz iluminaranse de azul

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiro iluminará con cor azul mañá día 14 de novembro a casa consistorial e o castelo de Santa Cruz para conmemorar o Día Mundial da Diabete. O Día Mundial da Diabete (DMD) é a campaña de concienciación sobre a Diabete máis importante do mundo.

Foi instaurado pola Federación Internacional de Diabete (FID) e a Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1991, como resposta ao alarmante
aumento dos casos de Diabete no mundo. En 2007, Nacións Unidas celebraron por primeira vez este día trala aprobación da Resolución en decembro de 2006 do Día Mundial da Diabete, o que converteu ao xa existente Día Mundial da Diabete nun día oficial da saúde da ONU.

13 de novembro de 2013 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.