Compostela comeza a gran festa dos petiscos co Santiago(é)Tapas
O Santiago(é)Tapas comeza hoxe a súa cita con petiscos que rematará o domingo 24 de novembro. Trátase da sexta edición dun evento que conta con 66 establecementos e 109 petiscos no concurso.
O Hostal dos Reis Católicos foi o marco esta mañá para a súa presentación oficial, acompañada de degustación de tapas. Na mesma estiveron, entre outros, a concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis; Germán González, coodinador da Comisión de Restauración da Asociación Hostelería Compostela; Yahya Zahid Sensoy, responsable de Turkish Airlines en Galicia; Ángel Ótero, xerente de Cash Record Vegalsa Eroski; Guillermo Fernández, delegado en Santiago de Estrella Galicia e Miguel Ángel Viso; presidente do C.R.D.O. Ribeiro.
Os celíacos poderán gozar con 25 creacións de 23 locais pensadas tendo en conta coa súa doenza, cifra que aumenta respecto dos 21 petiscos e 17 locais da edición do 2012. Esta faceta do concurso está fornecida co asesoramento da Asociación de Celíacos de Galicia.
Para o público, o Santiago(é)Tapas repetirá a súa mecánica habitual. Os clientes dos distintos locais poderán probar as tapas a un prezo único de 2 euros e, selando o seu tapasporte, optarán a numerosos premios directos ao completar as distintas (é)tapas e sorteos. O seu pousavaso servirá como papeleta para votar a calidade do petisco.
O mapa de Santiago volverá dividirse en (é)tapas. As (é)tapas son os roteiros nos que se agrupan os distintos locais participantes, segundo criterios de proximidade.
Establecementos participantes
A (é)tapa Praza do Obradoiro conta con: Orfeón San Francisco Hotel Monumento, 25 de julio, A Curtidoria, AC Palacio del Carmen, Acio, Central, Cre-Cottê Creperie, Enxebre-Hostal de los Reyes Católicos, Kunsthalle, Los Caracoles, O Celme do Caracol, San Jaime e Xuntanza.
A (é)tapa Praza de Cervantes reúne a: A Tafona, Agarimo, Café de Altamira, Casa Pepe, Cervantes, Garum Bistró, La Bodeguilla de San Roque, Medusa, O Curro de Parra, O Elefante, O Piorno, O Tragaluz de Texturas Galegas e Paso del Noroeste.
Na (é)tapa Praza de Galicia pódese atopar a: Antollos, Arco de Mazarelos, Bodegón de Xulio, Calderón, Caney, El Pasaje, La Cantina de A Curtidoría, Malak, Negreira ‘O Patata’, O Boteco, O ’42, Pecaditos, Porta Faxeira e Venecia.
A (é)tapa Praza Roxa suma a: ADGELO, Albarella, Artesana, El Bocalino, Galopín, La Bodeguilla de Santa Marta, La Cavita, La Industrial, Manso, O Ferro, Rincón de Gurpegui, Singulario e Tryp Santiago.
Por último, na (é)tapa Camiño Francés están: A Casa da Viña, A Grella, A Moa, Bicoca, La Barrika, La Bodeguilla de San Lázaro, La Casa de la Marquesa, La Flor, O Afiador, O Catro, Oca Puerta del Camino, Santiago Apóstol, Susos.
Ademais, dez serán os establecementos da zona nova e da zona vella que, xa de noite, ofrecerán combinados e cócteles preparados con motivo desta cita. Os locais do Santiago(é)Noite son: Armería, Atlántico, Bolengo, Casa das Crechas, Garoa, Kapital, La Flor, O Boneco, Retablo e Sónar.
Os establecementos do Santiago(é)Noite ofrecerán as súas creacións nos seus horarios habituais. O prezo será de 3,5 euros para quen presente o seu tapasporte, o documento con toda a información sobre o certame e no que se selan as distintas visitas aos establecementos. No tapasporte é posible coñecer máis sobre eses combinados.
En total, hai seis premios distintos para os distintos establecementos que se presentan ao certame de petiscos. O xurado profesional establecerá catro premios, ás tres mellores tapas e unha á mellor tapa elaborada con conservas.
Pola súa banda, o público, cos seus votos nos pousavasos depositados nas urnas, será quen escolla a Tapa do Público e o Premio do Público (é)xcelente ao establecemento máis valorado como experiencia global de cliente.
Coa finalidade de que os visitantes e turistas que se atopen na cidade nas datas do Concurso tamén gocen del, o Tapasporte Express será unha versión reducida e intensiva do Tapasporte.
O xurado do concurso inclúe cociñeiros, xornalistas gastronómicos e seareiros do Santiago(é)Tapas que se inscriben nesta opción a través das redes sociais sociais twitter @santiagoetapas e facebook.com/santiagoetapas. A fidelidade dos afeccionados ao Santiago(é)Tapas é un dos puntos fortes dun concurso que é referencia en Galicia.
Organización e patrocinadores
Hostelería Compostela organiza e promove este concurso que conta coa colaboración institucional de Turismo de Santiago; o patrocinio especial de Turkish Airlines; o patrocinio de Cash Record; a colaboración especial de Estrella Galicia e a colaboración de Fundación Catedral e Turismo de Galicia.
Os productos recomendados son os viños da Denominación de Orixe Ribeiro, Federico Paternina e Don Pedro de Soutomaior. Ademais, tamén colaboran con produto distintas empresas do sector agroalimentario e turístico.











