Comezan os traballos do Obradoiro de Emprego no ámbito da Veracruz

Obradoiro de emprego no Carballiño
Os alumnos do novo obradoiro de emprego do Carballiño iniciaron esta semana os traballos no ámbito do templo da Veracruz. As accións que se levarán a cabo nesta zona serán, principalmente, a colocación de bordos en pedra pechando as zonas de céspede, co que se evitarán a invasión deste nos camiños e, ao mesmo tempo, que a terra dos sendeiros non estrague a zona verde.
O obradoiro Agrupación Carballiño-San Amaro, que terá unha duración de seis meses, conta con dous módulos, xardinaría e albanelaría, con sete alumnos en cada un deles, se realizará un investimento de 250.000 euros, dirixidos á formación profesional de 21 veciños no caso da vila carballiñesa.
Nesta mesma zona realizarase tamén a empedrada de todo o perímetro do templo de Palacios. Tal e como afirmaba o alcalde “son traballos necesarios para finalizar esta gran praza, e que non puideron levarse a cabo pola limitación de presuposto co que contou o proxecto, unha vez tivéronse que realizar os traballos de derrubamento dos muros e outras accións para desenvolver a actual praza”.











