Comezan os novos cursos de informática no Concello de Ordes
O Concello de Ordes acaba de iniciar un novo curso de informática no que unha ducia de veciños e veciñas de Ordes están a adquirir coñecementos sobre Internet e outras aplicacións ofimáticas. Está previsto que as clases se impartan ata mediados do vindeiro mes na casa da cultura e en horario de tarde. Dende o departamento de Cultura e Deporte xa está aberto un novo prazo de inscrición para participar en próximas convocatorias deste curso, así como noutro de arte floral.











