Comezan as obras de asfaltado na pista da Laxe, en Marín
Hoxe comezaron coas obras de asfaltado da pista dá Laxe. Unhas obras moi reclamadas polos veciños polo mal estado en que estaba esa pista.
Tardouse máis do necesario xa que se estivo a esperar a que a deputación nos puidese enviar a súa maquinaria para proceder ao dito asfaltado coas brigadas do concello de Marin, xa que para que a reparación quedará en optimas condicións, preferiuse asfaltar en quente, para o que era imprescindible a maquinaria que a diputacion de Pontevedra envía ao Concello sen custo.











