Comezan as obras de acondicionamento do pavimento do parque de Sisán en Ribadumia
O Concello de Ribadumia inicia este luns as obras de acondicionamento para o pavimento do parque infantil de Sisán, para eliminar o actual pavimento de terraza e herba, que non protexe os nenos e obriga a laboriosos traballos de mantemento e conservación.
Con esta actuación permitirase dar resposta e renovar unha área de xogo infantil onde se reúnen gran cantidade de nenos. O parque infantil de Sisán, está o lado da Escola de Educación Infantil deste parroquia, polo que reúne habitualmente a numerosos rapaces.Respondese así a demanda das familias e a necesidade de adecuación dos parques infantís os parámetros obrigados pola normativa europea.
O Concello de Ribadumia recibiu unha subvención da Xunta para este proxecto, o abeiro da bases reguladoras de subvencións a concellos para a execución de infraestruturas de uso público que promove a Dirección Xeral de Administración Local a través da Subdirección xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais.
Estas tarefas permitirían continuar coa labor que o Concello de Ribadumia comezou hai uns anos, para mellorar e modernizar estes equipamentos. Así, ademais de ampliar as áreas de xogo existentes en todo o municipio, intensificáronse as tarefas de mantemento e limpeza e modernizáronse as instalacións. Xa se realizaron labores de mantemento en todos os parques e adecuáronse á normativa galega de seguridade aquelas zonas que non cumprían cos requisitos. Segundo o decreto 245/2003 polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís, recoméndase que a superficie dos parques sexa de materiais brandos, que as instalacións estean valadas e que conte con xogos adaptados segundo as idades dos rapaces.
Ribadumia conta cun total de once parques infantís repartidos entre as seis parroquias. Segundo os datos do padrón municipal, hai un parque infantil por cada 40 rapaces de 2 a 10 anos. Segundo explica a alcaldesa Salomé Peña, “temos unha media nenos-parque máis baixa que a maior parte dos concellos, froita dunha política que aposta por achegar as zonas lúdicas infantís a todos os núcleos de poboación, independentemente de que sexan casco urbano ou rural”.











