Comeza o programa Recicletas de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social Municipal puxo en marcha este martes o programa Recicletas de Nadal, nas antigas instalacións da Escola Obradoiro de Monte Porreiro. Está a mandar comunicados ás Fampas e outros colectivos para informar do obradoiro nos
seguintes termos:

Se tedes algunha bici infantil ou xuvenil que xa non usades este é o momento para darlle unha nova vida optándo por unha destas opcións:

1. Donación: entregar a bici no taller para recuperala e donarlla a familias previamente seleccionadas polos servizos sociais.

2. “Tuneala”: se queres reutilizala tí, facémoslle unha recuperación integral pagando os custes do material utilizado.

3. Comprar unha das bicis recuperadas.

Datas: do 4 de novembro até o 5 de xaneiro.
Lugar de entrega: vellas instalacións da escola-taller de Monteporreiro (a cincuenta metros do Centro de Saúde de Monteporreiro)
Horas e días de entrega: luns, mércores e venres de 16:00 a 20:00 h.
Conseguirase que:
• Persoas con dificultades sociolaborais aprendan a reparar bicicletas.
• Familias que non poidan comprar unha bici a teñan.
• Darémoslle unha nova vida as bicis vellas que estorban nas casas.

8 de novembro de 2013 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.