Comeza o prazo do programa “Xuntos polo Nadal” para persoas maiores que se atopen soas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Área de Servizos Sociais do Concello informa da apertura do prazo de inscrición no programa ” Xuntos polo Nadal” destinado ás persoas maiores que se atopen sós durante estas tradicionais festas e co obxectivo de que poidan gozar destas entrañables datas na compaña doutras persoas. O programa consiste na estancia durante11 días en réxime de aloxamento e pensión completa nunha residencia de tempo libre la Xunta. Os interesados poden recoller as solicitudes nos servizos Sociais do Concello e presentalas xunto coa documentación requirida ata o 25 de novembro.

O programa organizado pola Secretaría Xeral de Política Social da Xunta pretende evitar a situación de soidade na que se atopan moitas das persoas maiores, pola carencia de familiares, perda do seu cónxuxe ou a emancipación dos fillos. Estas circunstancias inciden con frecuencia en situacións depresivas que se poden evitar compartindo as festas con outras persoas.

“Xuntos polo Nadal” desenvolverase entre 23 de decembro de 2013 e o 2 de xaneiro de 2014 e os beneficiarios aloxaranxe nas residencias de tempo libre do Carballiño e de Panxón (Nigrán)

O Programa contempla o aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, durante 11 días (10 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo. A saída desde os puntos de orixe (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense) realizarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia2 de xaneiro de despois do xantar.
Os solicitantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 euros.
Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
Ser maior de 65 anos.
Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.
Non estar acollido en ningún centro residencial.
Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:
realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.
teñan un menor nivel de ingresos económicos.
non participaran neste ano en ningunha quenda do Programa de Benestar en balnearios, nin en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal.
teñan máis idade.

2 de novembro de 2013 | 11:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.