Comeza o ciclo “Cine nas aulas” de Tui coa proxección do filme “Goonies”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Mañá proxectarase a película “Goonies” no Teatro Municipal de Tui coma parte do programa “Ciclo de cines nas aulas” ao que acudirán un total de 255 alumnos dos colexios de Tui.

O programa é unha iniciativa do Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, e se engloba dentro do contexto da educación para a saúde pretendendo ser un instrumento complementario nesta área  dentro do actual sistema educativo.

A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema. Mediante a proxección dunha película se irá afondando en diferentes temas de interese relacionados coa educación para a saúde,  pois o cine é un modo de entretemento pero tamén nos axuda a pensar e  aprender.

11 de novembro de 2013 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.