Comeza en Compostela o ciclo “Cinema, mediambiente e conflito social”

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

Este mércores, 13 de novembro, comeza en Santiago o Ciclo de Cine e Historia (Cinema, mediambiente e conflito social). O Ciclo trata cuestións da historia do presente que perviven aínda con forza na nosa memoria colectiva, tales como o conflito da autoestrada ou a central de Lemóniz. Proxectaranse películas como La mirada de Anna ou La selva esmeralda, entre outras. O Ciclo está homologado como actividade de formación do profesorado por un total de 14 horas. 

Participan na organización da actividade, ademais de Nova Escola Galega, o Proxecto de investigación “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: A Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960-1982)”, a Asociación Cultural Sine Nomine, e Histagra, Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural da USC.

11 de novembro de 2013 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.