Comedia, teatro e música, entre as propostas semanais en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Varias son as actividades culturais que propón o Concello de Ourense para esta semana. En primeiro lugar este mércores e xoves o Auditorio Municipal acolle un espectáculo dirixido ao público escolar, Nuncabunca, de Elefante Elegante – con pases ás 10 h e ás 12 h -. Trátase dun espectáculo cómico e poético sen palabras, que se desenvolve nun espazo que evoca a proximidade do mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho constrúe o seu fogar.

O xoves día 7 celébrase unha nova actuación do Ciclo de Música Enclave de Cámara, no Teatro Principal. A cita será a partir das 20.30 h co grupo DÚO ARTclac (Portugal). Un concerto de clarinete e acordeón formado por Paulo Jorge Ferreira e por Carlos Piçarra Alves. Constará de dúas partes e interpretarán pezas propias e tamén de artistas como Rainer Glen Buschmann, Hakon Berge ou Wolfagang Hofman entre outras. Pódense adquirir entradas a partir de 8 €.

O venres teremos un novo concerto da Banda Municipal de Música de Ourense. Será ás 20.00 h na Praza de San Martiño – se chove se traslada ao Centro Municipal Ánxel Valente -. Media hora máis tarde, ás 20.30 h visita o Auditorio Nuestra de las Nubes, unha extraordinaria comedia que poderiamos clasificar dentro do realismo máxico. Cunha linguaxe próxima e directa, cargada dun exquisito imaginario poético. Unha memoria amarga, construída con afinado sentido do humor.

O sábado día 9 terá lugar durante toda a xornada o III Festival da Cultura Xorda, organizado pola Asociación de Persoas Xordas de Ourense (www.apsou.org). E pola tarde chega a Ourense un dos musicais infantiles máis desexados. A Divertirse con Cantajuegos, onde atoparémonos coa habitación dos soños, que transforma os desexos en realidade. Terá dous pases ás 16.30 h é as 19 h da tarde.

Programación Infantil

E para rematar, o domingo ás 12 h temos unha nova cita coa programación infantil da man do Kikirixote, Aventuras e desventuras dun galo de curral. Partindo de Don Quixote como elemento transgresor e inconformista co tempo que lle tocou vivir, xorde o Kikirixote que non quere ser menos e non deixa de ser un chisco unha caricatura do seu referente clásico.

Todas as entradas pódense adquirir en www.servinova.com ou dúas horas antes de cada función.

4 de novembro de 2013 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.