Coa conexión en Meán complétase a rede de alcantarillado en Lourizán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana a instalación do saneamento no lugar do Meán, na parroquia de Lourizán. Trátase do último núcleo de casas de Lourizán que quedaba por enganchar á rede de alcantarillado, polo que agás pequenos lugares con poucas vivendas ou casas ailladas, poderíase considerar que o alcantarillado de Lourizán estaría completo.

Esta obra tamén permitirá resolver dous problemas importantes do cemiterio de Lourizán: a conexión ao saneamento público e resolver a canalización de augas pluvias do camposanto.

6 de novembro de 2013 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.