Clase maxistral da violinista Diana Tishchenko no Conservatorio de Vilagarcía aberta ao público
O Conservatorio Profesional de Música, en colaboración coa Concellería de Educación e a asociación doensino musical “Atril” organizan a masterclass que a violinista ucraniana Diana Tishchenko ofrecerá o día 19 de novembro a alumnos do centro e da Escola de Música. Trátase dunha das actividades formativas complementarias que desenvolve ao longo do curso o Conservatorio para que os seus alumnos poidan aprender de profesionais do máis alto nivel, como é o caso de Tishchenco, concertino da Gustav Mahler Jugendorchester. A sesión será aberta ao público que poderá asistir como oínte e de balde á actividade.
A clase maxistral de Tishchenko está dirixida a alumnos do grao profesional e grao superior, así coma aos alumnos do último curso do grao elemental do Conservatorio Profesional e a alumnos da Escola Municipal de Música interesados en continuar nun futuro os seus estudos nas ensinanzas regradas e que desexen complementar e diversificar a súa formación. Na masterclass, traballarase o repertorio suxerido polo alumnado inscrito, así como as bases técnicas e musicais precisas para abordar o mesmo.
Oportunidade excepcional
Aínda que o número de prazas é moi reducido a efectos de operatividade e de ofrecer unha formación máis personalizada e de calidade, o Conservatorio pretende que todo ao alumnado que o desexe poida gozar la experiencia vendo tocar a una violinista da talla de Diana Tishchenko xa que non e doado contar cunha oportunidade semellante. De feito, a violinista ucraniaca atópase de xeito excepcional en Galicia a través da súa colaboración coa Orquestra de Cámara galega. Por iso, aparte dos seis alumnos que recibirán unha sesión individual en exclusiva, poderán asistir como oíntes ao resto da actividade lectiva todos os alumnos que o desexen, ao igual que o público en xeral.
Diana Tishchenko debutou como solista aos 8 anos
Gañadora da audición para converterse na concertino da afamada Gustav Mahler Jugendorchester con tan solo 20 anos, foi a persoa máis xoven na historia da orquestra que desenvolveu dita posición. Ten colaborado con artistas do renome de Sir Colin Davis, Franz Welser-Most, Herbert Blomstedt, Antonio Papano, Philipp Jordan, Thomas Hampson, Hilary Hahn, Lisa Batiashvilli, Matthias Goerne, Frank Peter Zimmermann e Leif Ove Andsnes nas salas máis prestixiosas do mundo como a Vienna Musikverein, Royal Albert Hall de Londres, Theatre des Champs Elysees, Salzburger Festpiel, Concertgebouw Amsterdam, Dresdner Semperoper e o Palau da Música Catalana de Barcelona.
Comenzou a estudar violín e o piano aos 7 anos, facendo o seu debut como solista coa Crimea Symphonic Orchestra ós 8 anos. Despois de gañar numerosos premios en competicións no seu país de orixe, Ucraina, decide continuar a súa carreira no estranxeiro.
Laureada no David Oistrakh Competition em Moscu, A. Postacchini en Italia, Ibolyka Gyarfas Violin Competition em Berlin, finalista do ARD Competition no 2013, ten tocado de solista coa New Russia Orchestra de Yuri Bashmet, Bratislava Chamber Orchestra, Muchner Kammerorchester, Symphonieorchester des Bayresches Rundfunks. No ano 2014 tocará de solista coa DSO na sala da Berlin Philharmonie.
Estudiou na Hanns Eisler Hochschule fur Musik en Berlin co profesor Ulf Wallin, recibiu becas de
importantes fundacións como a Hertie-Stiftung Frankfurt-am-Main, Deutschlandsstipendium, Yehudi Menuhin Live Music Now Verejn, e recentemente foi elexida para a Markisches Stipendium 2014.
Actualmente, adica a maior parte da sua actividade artística a unha carreira solística e como músico de cámara do seu grupo Trío Korngold.











