Citroën continúa coa produción de furgonetas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedraVigo
A-
A+
Produción de furgonetas Partner e Berlingo en Citroën

Produción de furgonetas Partner e Berlingo en Citroën

A planta viguesa de PSA Peugeot Citroën retomou este luns a produción das furgonetas Partner e Berlingo, que se montan na liña de montaxe M1, despois dunha semana de parada ao detectarse unha avaría nunha máquina do taller de embutición desa liña.

Segundo confirmaron fontes da empresa, a actividade retomouse “con total normalidade” na quenda de mañá deste luns. Dos días que a liña estivo parada, un deles (o venres 22 de novembro) xa estaba previsto como día non laborable.

Cada día, a M1 monta unhas mil furgonetas. A produción que non saíu durante a semana de parada será recuperada en próximas datas.

Así, a formulación da empresa sería que os días 30 de novembro e 1 de decembro traballaría unha quenda cada día, o 15 de decembro traballaría outra quenda, e os días 18 e 19 de decembro (previstos inicialmente como non laborables) traballarían as tres quendas.

26 de novembro de 2013 | 00:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.