Chila Lynn presenta o seu primeiro álbum ‘Real Woman’ na Ágora

Portada do disco de Chila Lynn
A Concellaría de Cultura informa de que o próximo xoves, 14 de novembro, o centro Ágora acolle o concerto de Chila Lynn, que presenta o seu álbum de debut, Real Woman, con cancións enmarcadas nun estilo soul-pop.
A actuación de Chila Lynn será ás 21.30 horas no centro sociocultural Ágora. Aos seus 19 anos está considerada como unha das perlas musicais da nova xeración. O seu disco, Real Woman, conta con cancións compostas por artistas como Pink, Jamie Scott e James Morrison.
As entradas para o concerto están á venda a través de internet (www.servinova.com) a un prezo de 15 euros, máis gastos de xestión, de xeito anticipado, e a 18 euros en despacho. Haberá descontos para persoas con carné novo, desempregados e xubilados. A apertura de portas na Ágora será ás 21.00 horas, trinta minutos antes do inicio do concerto.











