Cheo absoluto na cena de gala da Asociación contra o Cancro de Ordes

Comensais na cea contra o cancro de Ordes
Un total de 230 persoas asistiron á cena de gala que a Asociación Española Contra o Cancro de Ordes celebrou hoxe no restaurante El Tunel. Unha cita que nesta ocasión tivo que colgar o cartaz de ,hacompleto tras vender os 225 pases que daban dereito a desfrutar dun delicioso menú no que tamén había reservada unha serie de sorpresas. Por todo elo, e tendo en conta que cada un deles ascendía a 25 euros hai que falar dunha recadación de máis de 5.500 euros.
A velada comenzou coa benvida por parte da presidenta da AACC de Ordes, Emilia Vázquez Pardo, quen agradeceu a presenza de todos os comensais, así como a todos os que colaboraron na organización deste evento que “cada ano congrega a máis xente de todo o municipio”. Emilia Vázquez tamén tivo unhas palabras especiais de agradecemento para o Concello de Ordes “pola súa colaboración sempre que se lle solicita, e pola axuda noutros eventos como podes ser Expoordes, onde sempre se lles brinda un lugar preferente nas instalacións montadas para dito evento”. O seguinte turno de palabra foi para Manuel Regos, alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade de Ordes, quen destacou o protagonismo que se merecen “tanto as persoas que están loitando contra a lacra do cancro como para todos aqueles que están ao seu carón”. Regos tamén destacou que “é unha responsabilidade de toda a sociedade aunar esforzos para conseguir erradicar esta enfermidade que afecta a tantas familias”. Marcos Calvo, psicólogo da AACC de Ordes, foi o encargado de finalizar a quenda de discursos “agradecéndolles a todos a súa presenza e apoio económico nun momento no que en moitas ocasións no é doado poder pagar unha entrada a un evento deste tipo”.
Entre todos os asistentes figuaraban outros rostros ben coñecidos entre a veciñanza e a sociedade ordense. Membros da oposición e da listas de partidos políticos como José Luis Martínez Sanjurjo (PP), Ana Álvarez (CIdGA) ou Ramiro Recouso. Entre todos eles figuraba tamén o rostro da popular cantante Tania Iglesias, quen colaborou coa causa amenizando a velada interpretando varios temas do seu repertorio musical. Como é habitual tamén houbo un sorteo de agasallos cedidos desinteresadamente por diversos establecementos do municipio.











